martes, 27 de mayo de 2014


ANPA INFORMA                                                                                                        CARTA A PAIS E NAIS

Novos horarios das actividades extraescolares no mes de xuño:

LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
INGLES¹
14:30 A 15:30
FUTBOL
14:30 A 16:00
TEATRO
14:30 A 16:00
 
BAILE
14:30 A 15:30

¹na actividade de inglés e sempre que os pais estén dacordo cabe a posibilidade de amplialo horario ata as 16:00 (o coste sería de 3€ máis)

Consulta o blog do colexio se queres máis información sobre as actividades que se  programaron para este remate de curso.
 


 

 

viernes, 16 de mayo de 2014


UN REMATE DE CURSO CHEO DE INTERESANTES VIVENZAS

 

27 DE MAIO 

Percorrer un treito do rio da mán dun membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), facendo un análisis da agua, comprobando o seu estado e ollando a fauna e a flora do entorno.


Excursión  todo día  este parque zoolóxico para o deleite dos mais pequenos.

http://www.marcellenatureza.com/elparque/horarios-tarifas/
5 DE XUÑO  Descripción: Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativo 

Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º terán unha charla sobre Internet: “Riscos da seguridade asociados as novas tecnoloxías e o uso das redes sociais”

Polo serán este mesmo día,as 16:30 na Caseta da Carballeira, serán os pais os que teñan  A “Charla sobre Seguridade na INTERNET” (consellos e recomendacións para pais no uso das Novas Tecnoloxías)

Descripción: https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcThMS9IyooTUg2jFjEcJEzTB1KH_OZYHrqWMQrsV-_J3CM5bvzOfw

 

7 DE XUÑO 

Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º están convidados por Voz Natura a súa Festa de Remate de Curso que farán na Coruña, o sábado 7 de xuño. Irán acompañados por 2 mestres e 2 pais voluntarios.


 

11 DE XUÑO  Descripción: https://encrypted-tbn2.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRiBzMZkBFMgPJhajHEQz4cV3nzDWBDy3nz3zOI6vwlMwCjoJAvRr3zX9Tj

Viaxe de Remate de Curso para os máis maiores do colexio a Portugal

 

 

20 DE XUÑO  Descripción: http://apalaencina.es/wp-content/uploads/2012/06/fiesta.jpg

 

FESTA REMATE  DE CURSO 2013-2014 con actuacións e entrega de orlas.

 

 

 

martes, 14 de enero de 2014

Artículo en El Progreso


Un grupo de 14 nenos e nenas de tres a nove anos asiste a clases de baile galego no Ceip Rosalía de Castro de Mosteiro

POL. «Ben!» Todos a unha e sen pensalo. Esa é a resposta unánime dos 14 alumnos e alumnas cando se lles pregunta que tal lles vai no curso de baile galego que se imparte todos os venres no Ceip Rosalía de Castro de Mosteiro, promovido pola asociación cultural Leña Verde de Pol coa colaboración da Anpa do centro.
Naia, Katia e Bruno, de tres anos; Yasmin e Claudia, de catro; Arancha, Maya e Héctor, de cinco; Laura, de seis; Gea e Ura, de sete, e Hugo, Raquel e Lucía, de nove, levan oito clases ás ordes do mestre Xabier Iglesias, que ata o momento, dada a diversidade de idades e o tempo dispoñible —as clases son de 45 minutos— tratou de «facer unha introdución aos diferentes ritmos que hai no baile galego».
«Traballamos sobre todo con xogos e con música e movemento», explica o mestre, quen recorda que, con esta iniciativa, coa que se busca «facer canteira», se recuperou unha antiga actividade que existía no colexio de Mosteiro.

E a resposta parece ser inmellorable, a xulgar pola contestación dos alumnos, que explican que «estamos aprendendo os pasos da muiñeira», ao tempo que algún que outro se apura a afirmar que «nunca me vou desapuntar, porque me encanta!»
‘As abelliñas de San Miguel’, ‘Zumba’ ou outras letras —abrimos e xuntamos e a mosca espantamos; abrimos e xuntamos e un rato esperamos; abrimos e xuntamos, patada, patada e paramos— serven para facilitar xogando a memorización de pasos clásicos cos que xa están a montar unha pequena coreografía, que porán en escena no Festival de Nadal do centro, que se celebrará o venres 20.
Dende a asociación Leña Verde, que apostou por esta actividade para recuperar a tradición do baile galego do concello polense, traballan tamén noutras actividades relacionadas co ensino, coma unha colaboración coa Fundación Antonio Gandoy, herdeira de Preescolar na Casa, para recuperar esta actividade; ou a proxección dun documental sobre o ensino no medio rural.
Pola súa banda, a Anpa do Ceip Rosalía de Castro de Mosteiro inclúe as clases de baile no marco da súa programación extraescolar. Así, nos recreos do comedor do centro, que é cando se imparten estas clases, tamén hai fútbol —coa colaboración do Concello este ano contan con nova equipación—. Ademais, os menores poden asistir a aulas de inglés e de teatro e de cara aos vindeiros meses está previsto pór en marcha un blog para iniciarse no xornalismo dixital.


Artículo EL PROGRESO 17-12-2013
http://lector.kioskoymas.com/epaper/viewer.aspx