martes, 18 de junio de 2013

ANPA INFORMA


ANPA CEIP ROSALÍA DE CASTRO DE POL
 
INFORMA

 

Poñémonos en contacto con todos os pais/nais  do colexio  co fin de informalos de certas cousas tratadas na reunión do día 17 de xuño

1.     Produciuse a renovación da directiva, pasando a ser a presidenta Myriam.

2.    Ofreceunos a deputación unha excursión a “Granxa Garabullos e Avifauna”,

que se faría na primeira semana do mes de xullo (xoves 4 de xullo, se teñen sitio), para nenos de 6 a 12 anos. O prezo é de 0 euros, recollerían ós nenos en Mosteiro a primeira hora e traeríanos de volta sobre ás dúas. É moi importante  que os interesados se poñan en contacto coa presidenta anterior ou coa actual o antes posible ( finais desta semana) .

3.    A nova directiva vaise facer cargo do tema da compra dos libros para o vindeiro curso, os interesados teñen que poñerse en contacto coa nova presidenta, e, a ser posible, ter preparado o cheque.

4.    A cota de socio pode pagarse, coma sempre, polo banco ou ben cando se recollan os libros, o seu prezo é de 15 euros por familia.

 

            Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario