martes, 1 de octubre de 2013

HISTORIA DO ATURUXO por FERMÍN


 

HISTORIA DO ATURUXO


O Aturuxo” é a revista escolar do noso colexio. Este ano fará uns 23 anos que se publica, máis ou menos.
Trátase dun proxecto educativo que desenvolve obxectivos das diferentes áreas.
É unha ferramenta que empregamos e que serve para fomentar a cooperación, a comunicación, o traballo en conxunto, a investigación... e serve para fomentar e facer lectores  críticos dende a escola.
A revista escolar necesita da participación de todos os niveis educativos (dende infantil ata 6º de primaria) cos seus traballos, debuxos, fotos ...
A revista pretende ser algo de todos, feita por todos  e para todos. Nela quedan reflexadas todas as actividades que realizamos ao longo dun curso.

Esperemos que a historia continúe!
FERMÍN FERNÁNDEZ PÉREZ


No hay comentarios:

Publicar un comentario